Máis dun centenar de creacións artesanais compoñen a I Exposición de Beléns de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Salón de Plenos Municipal acolle desde hoxe e até o próximo 23 de decembro a I Exposición de Beléns, unha mostra de belenismo composto por máis dun centenar de creacións artesanais, elaboradas fundamentalmente a partir de poliexpan extruido por unha veciña de Nigrán, Lupe Soto.

A exposición estará aberta ao público de 18.00 a 20.00 horas, aínda que tamén poderá visitarse en horario laboral do concello, e completarase o fin de semana cunhas demostracións en directo a cargo da súa creadora, Lupe Soto, de como se elaboran estas pezas de forma artesanal, tanto os beléns como as figuras, ornamentos e outros elementos que os compoñen.

Algunhas das creacións que se expoñen no Salón de Plenos Municipal foron premiadas en diversos concursos de beléns a nivel provincial, estando agora a disposición dos veciños e veciñas de Nigrán para comprobar e descubrir como cun pouco de material económico e de forma sinxela, pódense facer auténticas obras de artesanía.

16 de decembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.