Máis de 200 persoas ateigaron o polivalente de Brión no III Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Concerto de Nadal en Brión

Concerto de Nadal en Brión

O salón de actos do Centro Social Polivalente quedou pequeno para albergar aos máis de 200 veciños e veciñas que asistiron ao III Concerto de Nadal, organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correu a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosaron as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro.

Cun ambiente cheo da cor e cos ritmos propios do Nadal, os alumnos da escola interpretaron un repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica diante dun público totalmente entregado. Unhas actuacións nas que participaron dende solistas ata formacións corais e instrumentais.

Concerto de percusión

A próxima cita coa música en Brión terá lugar o sábado 27 de decembro, ás 20:30 horas, tamén no polivalente de Pedrouzos. Será un concerto a cargo de Odaiko Percussion Group, un grupo galego nado no ano 2003 e que ofrece unha música tradicional multiétnica utilizando instrumentos de percusión tanto de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas), africana (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericana (congas, bongos, maracas, caixón), galega (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería. A entrada é libre e de balde.

22 de decembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.