Madrid indemnizará con 14.990 euros a Teresa Romero polos obxectos que tirou na desinfección da súa vivenda
A Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid chegou a un acordo coa auxiliar de enfermaría galega infectada por ébola, Teresa Romero, para indemnizarlle con 14.990 euros polas propiedades que tivo que tirar nos labores de desinfección da súa vivenda de Alcorcón.
Segundo explicaron fontes do Executivo autonómico, trátase de obxectos que era necesario tirar porque poderían estar infectados polo virus de ébola.
Teresa Romero deixou a súa casa de Alcorcón para ingresar no Hospital Carlos III por unha posible infección por ébola, que finalmente foi confirmada. A Comunidade de Madrid encargouse da desinfección da súa casa.