Louzán entrega as axudas para actividades deportivas extraordinarias a 57 clubs de 19 concellos do norte da provincia

Louzán na entrega de axudas
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a deputada de Deportes, Begoña Estévez, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes de 57 clubs deportivos da zona norte provincial (áreas de Pontevedra, O Salnés, Caldas e Deza-Tabeirós) para entregarlles as correspondentes axudas para actividades deportivas extraordinarias. O vindeiro día 29 manterán un encontro similar en Vigo con 96 clubs da zona sur da provincia.
En total, por este concepto, as axudas repartidas acadan a cifra de 150.000 euros.
Na reunión de hoxe participaron representantes de 57 clubs repartidos en 19 concellos: Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Catoira, Cotobade, Cuntis, A Estrada, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.











