Lores e Miguel Filgueira visitarán Covadáspera para abrir un vial restaurado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde mais o concelleiro da parroquia, Miguel Filgueira, visitarán mañá o lugar de Covadáspera, en Verducido, donde se restaurou completamente un vial dos que en peores condicións presentaba, especialmente a causa das escorrentías que acumulaban moita auga nalgún treito.

O investimento ascendeu a uns 200.000 euros, que se empregaron en construir unha nova rede de recollidas de pluviais, sistemas para o calmado do tráfico e ensanchamento do vial.

Ademáis dos veciños do lugar, agárdase que estean na xuntanza os membros do Consello Parroquial de Verducido, órgano do que partiu a demanda veciñal para arranxar esta vía rural.

29 de decembro de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.