“Las Brujas de E’lente” pechan no CIFP A Farixa un mundo de fantasía movido por amigos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Simón Vázquez, director de “Las Brujas de E’lente” pechou este venres no CIFP A Farixa as II Xornadas de Cultura en Produción amosando un adianto do material inédito da longametraxe que está a gravar. A través de varios vídeos achegou aos asistentes toda a complexidade dunha produción audiovisual de calidade con baixo presuposto e rodada en dúas partes. Simón Vázquez salientou que co apoio dos familiares, facendo publicidade e con moita ilusión, pódese lograr o que un se propoña deixando claro que “un grupo de amigos pode mover o mundo”.

Durante 3 semanas, estas xornadas, que celebran a súa segunda edición, achegaron ao alumnado e demais asistentes externos ao centro, os pormenores da produción de 3 proxectos producidos integramente na Cidade, e que son un bo expoñente do potencial audiovisual e de emprendemento da cidade nesta área.

Os organizadores das xornadas agradecen a todos os asistentes por acompañalos neste proxecto.

12 de decembro de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.