“Las Brujas de E’lente” chega ao C.I.F.P. A Farixa
O Salón de actos do CIFP A Farixa acolle este venres a última cita de Cultura en Produción “Feito en Ourense” coa presenza de Simón Vázquez. Trátase dunha nova oportunidade para coñecer un proxecto de produción con baixo presuposto como é a longametraxe “Las Brujas de E’Lente” que está rematando a súa rodaxe.
Con esta longametraxe fantástica, rodada en diversos pobos de Ourense, Simón Vázquez e Lutra Films pretenden comezar o seu camiño na produción de longametraxes. Trátase dunha produción que pretende desmarcarse do cine máis común do territorio galego e nacional abarcando un mundo sobrenatural ao noso universo común. Está cheo de continuas sorpresas que non permitirán que ninguén aparte a vista da pantalla.
A ponencia de Simón Vázquez, nas II Xornadas Cultura en Produción de este venres 12 de decembro ás 11:30 horas no Salón de Actos do CIFP A Farixa, pretende achegar ao alumnado do centro así como ao público interesado os pormenores da produción audiovisual, de primeira man, a través da voz do protagonista.
O acceso as charlas é de balde e abertas ao público interesado e terán lugar no Salón de Actos do CIFP A Farixa ás 11:30.











