José Carballido representa no Teatro Colón o seu espectáculo Khitara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O compositor, adaptador e intérprete galego José Carballido representará, o próximo mes de xaneiro no teatro Colón da Coruña, o seu espectáculo máis recente: Khitara, un proxecto no que Carballido propón unha viaxe pola historia do rock a través da reinterpretación dalgúns dos temas máis emblemáticos do estilo cunha instrumentación radicalmente diferente á orixinal. O equipo instrumental está formado por dúas guitarras eléctricas, dúas guitarras clásicas e un caixón flamenco. Nesta aventura Jose Carballido (voz principal e guitarra eléctrica), acompáñase de catro músicos galegos de primeira liña: Daniel Añón (guitarra eléctrica e coros), Mónica Pita e Xosé Antonio Rodríguez (guitarras clásicas e coros) e Diego Lestón (caixón, instrumentos de pequena percusión e coros).

Para que se fagan unha idea da carreira de Jose Carballido: o músico coruñés compuxo o primeiro Réquiem con instrumentación moderna e coro clásico, liderou varias bandas, recibido diferentes premios relacionados coa música e dende hai uns anos dedícase tamén a compoñer bandas sonoras orixinais.

Será o próximo sábado 24 de xaneiro de 2015 ás 20:30 cando Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock, interprétese no Teatro Colón. O espectáculo durará ao redor de 70 minutos e soarán temas de Led Zeppelin, Deep Purple, Queen, Metallica.

22 de decembro de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.