Invasión Celeste na I Carreira Popular da Fundación Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+
Participantes na Invasión Celeste

Participantes na Invasión Celeste

‘Invasión Celeste’, a I Carreira Popular da Fundación Celta, celebrouse esta mañá cun gran éxito de participación. Máis de 1.500 corredores, repartidos en 11 categorías distintas, déronse cita no estadio de Balaídos para gozar dunha auténtica xornada de deporte e celtismo.

Os máis pequenos foron os encargados de inaugurar a competición. A carreira ‘Chiquicelta’ reuniu a máis de 200 nenas e nenos que se divertiron ao grande nun percorrido de 50 metros no interior do estadio vigués. Máis tarde os arredores de Balaídos foron escenario da carreira de 1 quilómetros para categorías Benxamín a Cadete.

A ‘Invasión Celeste’ pechouse coa carreira de 6 quilómetros, que reuniu a mulleres e homes de todas as idades e na que resultou gañador o corredor Akka Essaadaqui. Destacadas caras do mundo do deporte, como o adestrador céltico Eduardo Berizzo ou o ciclista Óscar Pereiro, tamén participaron neste percorrido. 

O éxito desta iniciativa reforza á Fundación Celta para continuar traballando en actividades dirixidas ao celtismo e a sociedade coas que promover os valores do deporte.

Na entrega de premios estiveron presentes Abel Caballero, Alcalde de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo; Carmela Silva, Tenente de Alcalde de Vigo; Germán Arteta, Director da Fundación Celta; Carlos Calo, Xerente de CdeC; Bryan Kaulback, Delegado do Grupo Pascual; e representantes do Celta de Atletismo.

A Fundación Celta agradece a participación e compromiso dos seus patrocinadores neste exitoso evento: Piñeiro Sport, Gadis, Adidas, CdeC, Frutas Nieves, Coca-Cola, Grupo Pascual, Recondo e Concello de Vigo.

8 de decembro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.