Instálase unha cuberta na entrada principal do centro de saúde de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de instalar unha cuberta de cristal e aluminio, con estructura de ferro, na entrada principal do centro de saúde, ubicado na Avenida do Tarrío. Con ela, segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, o Concello pretende protexer da choiva a aqueles usuarios das instalacións sanitarias que chegan antes da súa apertura. O coste da cuberta ascendeu a uns 3.600 euros e financiáronse con fondos propios municipais.

Deste xeito, o Concello dá resposta a unha demanda planteada polos veciños e veciñas do municipio.

30 de decembro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.