publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan a un veciño de Valga por un delito contra a saúde pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosValga
A-
A+

No marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do tráfico de estupefacientes a pequena escala nos lugares de lecer, este pasado fin de semana, a Garda Civil realizou inspeccións en distintos locais das localidades de Valga e Pontecesures, procedéndose á imputación de F.G.B., de 26 anos de idade e veciño de Valga por un delito contra a saúde pública.

Os feitos sucederon cando nunha destas inspeccións, nun bar de Pontecesures, incautáronse nove “papelinas” de cocaína na carteira que un dos clientes levaba no interior do peto do pantalón xunto con 296 euros en billetes fraccionados e moedas.

Por todo iso procedeuse á súa imputación e condución ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias que foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda dos de Caldas de Reis, onde terá que presentarse o imputado cando para iso sexa requirido.

1 de decembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.