II Feria de Artesanía, Comercio e Servizos de Covelo
O Concello de Covelo organiza a II Feira de Artesanía, Comercio e Servizos o 8 de Decembro, de 12 da mañá ás 8 da tarde no Pavillón de Deportes de Covelo coa intención de dar a coñecer produtos e servizos de artesáns, empresas, cooperativas, comercializadores e produtores locais e da contorna. (Produtores de agricultura ecolóxica, canteiros, artesáns do coiro e da madeira, mercadiño solidario “troca e colabora”, e un largo etc).
Ademais de cantina e pulpeiro, haberá actuacións musicais, obradoiros para os mais pequenos e unha exposición de pintura do artista local natural da parroquia de Barcia de Mera, Eduardo Casal.
Programa:
12:00h. Apertura da Feira.
17:00h. Actuación dos “Cinco nun coche” (grupo de música tradicional).
18:00h. Obradoiro Infantil “Adornos do Nadal”.
20:00h. Clausura.
O Concello convida a todos aqueles que queiran vir á feira a que aproveiten ese fin de semana e gocen da gastronomía dos restaurantes da zona, da riqueza natural e paisaxística visitando o Serradoiro dos Carranos e a Serra do Suido, do patrimonio cultural e etnográfico no Museo da cera de Paraños e Casa Museo Pazo dá Cruz na Hermida e do patrimonio histórico relixioso visitando o Cristo dos Aflixidos de Covelo ou a Reitoral e Igrexa de Barcia de Mera. E para os que lles gusta o deporte e a natureza recoméndalles as rutas de sendeirismo do río Xabriña ou a do Foxo do Lobo na Graña.