I Torneo Panxón Nigrán FS
O Panxón Nigrán Fútbol Sala organiza, coa colaboración do Concello de Nigrán e o CPI de Panxón, o primeiro torneo de Fútbol Sala de Nigrán de categorías de base que se desenvolverá os días 2, 3 e 4 de xaneiro no Pavillón do CPI de Panxón. No torneo participarán 20 equipos, e máis de 200 nenos e nenas, das categorías Mini, Prebenxamín, Benxamín e Alevín. Durante os actos de clausura do torneo, o domingo día 4 ás 20:00 horas, no que todos os equipos participantes recibirán trofeo, farase entrega a Caritas de la Parroquia de S. Juan Bautista de Panxón e á área de Servizos Sociais do Concello de Nigrán dos alimentos e xoguetes recollidos na Campaña Solidaria que iniciou o club o pasado 20 de decembro.











