Humor golfo e Feito en Ourense no C.I.F.P. A Farixa
O Salón de actos do CIFP A Farixa acolle este venres unha nova cita de Cultura en Produción “Feito en Ourense” coa presencia de Alfonso Míguez e Héctor Casas. Trátase dunha nova oportunidade para coñecer un proxecto de produción de éxito como é a webserie “P.I.B.” gravada na comarca da Limia.
Esta webserie, conta con 3 episodios e desenvolven as experiencias de Richi e Maxi baseadas naquilo que “coñecen dende pequenos”. Nelas non existe “corrección política nin límites” e os protagonistas o presentan como “humor golfo”.
A ponencia de Alfonso Míguez e Héctor Casas nas II Xornadas Cultura en Produción, unha iniciativa desenvolvida desde o módulo de Xestión de Espectáculos e Eventos que pretende achegar ao alumnado do centro así como ao público interesado os pormenores da produción audiovisual, de primeira man, a través da voz dos seus protagonistas.
A cita do venres será a segunda das xornadas do ciclo de conferencias desenvolverase este venres 5 de decembro no Salón de Actos do CIFP A Farixa ás 11.30 horas, e terá como protagonista á webserie “P.I.B (Produto Interior Bruto)”, un proxecto rodado integramente en Ourense e que estreou o pasado 25 de novembro o segundo e terceiro episodio da webserie.
O acceso as charlas e de balde e abertas ao público interesado e terán lugar no Salón de Actos do CIFP A Farixa.











