Hugo Mallo inaugura a iluminación do Nadal de El Corte Inglés

Hugo Mallo na inauguración
Gran ambiente na inauguración oficial da iluminación do Nadal do Corte Inglés, con protagonismo para un dos capitáns celestes. O lateral Hugo Mallo, acompañado por David Russell, recoñecido guitarrista de renome mundial e pola clienta agraciada no sorteo da promoción “A nosa estrela do Nadal es ti”, foi o encargado esta tarde do aceso das luces, un acto que sempre xera unha gran expectación e congrega a miles de vigueses.
Ademais da iluminación puxéronse tamén en marcha as casetas do Nadal da marquesiña, nas que se poden degustar desde chocolate quente ata produtos típicos desta época. Tamén se activou a iluminación da árbore do boulevard, de 15 metros de altura, e das árbores da Gran Vía, que por primeira vez tamén se cubriron de luces.











