Haris Giannopoulos e Juanjo Triguero convértense en empregados das estacións de servizo de Los Ángeles Gas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Xogadores traballando na estación de servizo

Xogadores traballando na estación de servizo

Os xogadores do Rio Natura Monbus, Haris Giannopoulos e Juanjo Triguero, exerceron durante unhas horas do día de hoxe como empregados de dúas das estacións de servizo da firma Los Angeles Gas, membro do Club de Empresas Obradoiro.

Por segundo ano consecutivo, dous membros do persoal do club sorprenderon aos clientes da estación de servizo situada en Os Anxeles encargándose da súa reposición, e mesmo se atreveron co lavado dos vehículos.  Tamén a estación situada en Castrofeito recibiu durante uns minutos a estes dous axudantes.

Los Ángeles Gas renova así de novo o seu convenio de patrocinio co equipo santiagués, e continúa proporcionando descontos inmediatos de 0,024 euros por litro de combustible enchendo en calquera das gasolineiras da compañía aos abonados do club. Os descontos realizaranse a través do seu carné de socio nas estacións de servizo do Grupo.

11 de decembro de 2014 | 21:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.