Gran éxito de asistencia no primeiro día do Campus Tomás de Dios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Campus Down Compostela

Campus Down Compostela

A primeira edición de Campus de Nadal Tomás de Dios arrancou esta mañá cun total de 87 nenos que participarán entre hoxe e mañá nas actividades que no devandito campus se desenvolverán.

Despois de ter que ampliar prazas polo éxito de inscricións na primeira semana, os nenos que asisten ao Campus xa gozaron esta mañá das primeiras actividades programadas nos pavillóns de Pontepedriña e Fontiñas.

O Campus comezou esta mañá e durará ata mañá pola tarde, e compaxinará sesións de adestramento con actividades de manualidades e sesións de inglés.

Ademais, o Campus de Tomás de Dios preséntase como un campus que serve como medio de inserción social, e ás súas sesións acudiron esta mañá un grupo de nenos da Asociación Down Compostela, que compartiron unha sesión de adestramento con Tomás de Dios. Mañana será a quenda da Asociación ASPAS.

22 de decembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.