Gran ambiente na firma de xogadores celestes en El Corte Inglés

Firma dos xogadores do Celta
El Corte Inglés rexistrou esta tarde un gran ambiente celtista na multitudinaria firma de autógrafos de xogadores e adestrador do Real Club Celta organizada polo club, coa colaboración de Canle + e os grandes almacéns, co obxectivo de reforzar o achegamento entre Celta e afección. Innumerables seguidores acudiron á Planta 6 do establecemento comercial situado en Gran Vía para obter os autógrafos e fotografarse cos futbolistas Nolito e Larrivey e o técnico Eduardo Berizzo.
O encontro entre xogadores, adestrador e afección congregou a centenares de seguidores, que xa facían cola con moita antelación para poder compartir uns minutos cos protagonistas do primeiro equipo celeste.
Técnico e futbolistas atenderon con entusiasmo aos afeccionados durante máis de hora e media nunha nova iniciativa encamiñada a promover o achegamento entre club, equipo e afección, que unha vez máis demostrou a gran ilusión e confianza que depositou no conxunto celeste.











