Gadis entrega a Juntos Podemos os alimentos do Partido Solidario do Rio Natura Monbus Obradoiro

Entrega de alimentos
O capitán do Rio Natura Monbus Obradoiro, Rafa Luz, realizou hoxe nun supermercado Gadis, membro do Club de Empresas Obradoiro, a entrega de alimentos doados pola firma á organización Juntos Podemos, con motivo do Partido Solidario celebrado contra o Tuenti Móvil Estudiantes.
Os 200 quilos de alimentos doados por Gadis se correspoden coa cantidade de tíckets de compra entregados polos afeccionados nas oficinas do Rio Natura Monbus para comprar entradas para o Partido Solidario a un prezo especial. Agora, a organización Juntos Podemos utilizará a mercadoría no Albergue Juan XXIII da orde franciscana, no que colabora habitualmente.
O delegado de área de Gadis, Román Roo, declarou que a firma está “encantada de realizar esta
acción solidaria por terceiro ano consecutivo, especialmente nas datas nas que nos encontramos,”. Engadiu que “nesta ocasión nos centramos en café e aceite, dous produtos dos máis necesarios para seguir co día a día do albergue,” ao que María Castro, coordinadora de Juntos podemos correspondeu: “Este nadal chegáronnos os regalos de forma adiantada en forma de 200 quilos de aceite e café, o que máis necesitamos agora mesmo. Por suposto, estamos moi agradecidos a Gadis e ao Rio Natura Monbus Obradoiro por acordarse dos que non pasarán estas datas igual de ben que a maioría”.
Pola súa banda, José Luis Mateo fixo referencia a que esta acción é “unha das asistencias máis importantes da tempada, por iso realizámola co base e capitán do equipo. Devolvemos así á cidade unha pequena parte do moito que nos dá, e tamén é unha boa ocasión para contribuír a sensibilizar a poboación do gran e duro traballo, sempre desinteresado, que realizan asociacións como Xuntos Podemos, que nestes anos está a ser capital para que moitas familias poidan seguir adiante“.
En nome de todos os seus compañeiros, Luz afirmou que “este tipo de accións son as máis importantes e gratificantes para nós os xogadores, nas que vemos de verdade que podemos facer algo polos demais”. Ademais, “é un pracer ter patrocinadores como Gadis, que o ven deste mesmo xeito e poñen da súa parte con este tipo de iniciativas”.











