Fundación “la Caixa” asina un convenio de colaboración con Amarai
“La Caixa” a través da súa Fundación, vén de colaborar cos servizos que a Asociación de persoas con discapacidade das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI), membro de COGAMI, presta ás persoas con discapacidade dos diferentes Concellos do interior de Galicia (Arzúa, Melide, Boimorto, Touro, Vilasantar, Curtis, Santiso…), principalmente no referente ao Servizo de Transporte.
Este servizo, que supuxo un gran esforzo a realizar pola entidade durante este ano 2014, contou coa concesión dunha axuda por parte de Fundación “la Caixa” para financiar o mantemento do mesmo. Cubre diariamente os desprazamentos de recollida e regreso das 24 persoas usuarias que asisten ao Centro de Recursos realizando preto dos 400 km/día, a maiores dos desprazamentos doutras persoas con discapacidade de participan nas diferentes actividades que promove AMARAI, como pode ser o golf adaptado, etc.