publicidade hoxe

Frades agradece a colaboración da veciñanza que donou máis de 400 quilos de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, valora moi positivamente o resultado da primeira campaña de recollida de alimentos que se realiza no municipio e que permitiu reunir máis de catrocentos quilos de alimentos para as familias máis necesitadas de Frades. Unha campaña organizada polo Concello de Frades e Cáritas, e que contou coa colaboración especial do CPI Ponte Carreira, que canda a casa consistorial foi un dos puntos de recollida dos alimentos.

Roberto Rey agradece especialmente “a participación e solidariedade amosada polos veciños e veciñas de Frades, que achegaron máis de catrocentos quilos de alimentos básicos como leite, aceite, pasta ou conservas que agora serán repartidos por Cáritas entre as familias que máis o precisan”. Unha achega que foi recollida por María Flor, colaboradora de Cáritas en Vitre, e por Juan González, párroco de Vitre.

22 de decembro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.