publicidade hoxe

Finaliza o curso de busca de emprego por Internet no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

A área de Traballo finalizou o presente ano entregando os diplomas do curso de busca de emprego a través de Internet. Un curso no que participaron un total de 15 alumnos, aos cales se lles mostrou as formas nas que se traballa na actualidade con numerosas empresa, para entregar os curriculums e contactar con elas.

Durante o curso os alumnos e alumnas descubriron novas fórmulas para introducirse no mercado laboral, co aliciente, que poden facelo dende as súas propias casas xa que ao usar o sistema informático, se chega a maior número de empresas, e se contacta de forma máis directa con estas.

Mesmo son moitas as empresas que contan xa cunha bolsa de traballo nas súas propias páxinas web, co que o desempregado coñece mellor as necesidades da empresa, e polo tanto pode ofrecerlle unha información máis concreta das súas calidades como traballador.

Teresa Cerdeira, concelleira de Traballo do concello do Carballiño, sinalaba que “na actualidade a necesidade de moitos dos nosos desempregados é poder contactar coas empresas que demandan emprego, por iso decidimos poñer en marcha un curso como este co que, cremos, que lles ofrecemos maiores posibilidades”.

Con este curso a área de Traballo pecha en ano 2014, durante o cal puxo en marcha numerosas accións laborais, tanto formativas como de contratación con empresas afincadas no Carballiño, que serviron na maioría dos casos para que os desempregados da vila encontrasen traballo.

Cabe destacar que no Carballiño durante todo este ano o paro foi descendendo progresivamente, ao que axudou en moitos casos estas accións municipais.

30 de decembro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.