Final dun ano espectacular dos Ingleses cunha importante vitoria ante o PRC
Tarde fría en Monteporreiro para terminar o ano rugbístico cunha importante vitoria que consolida aos Ingleses á fronte da táboa.
Os Ingleses salio a por todas cunha gran primeira parte, xogando os mellores minutos da tempada. No minuto tres Tiago adiantaba no marcador aos Ingleses (0-5).
O dominio era total e varias ocasións desaproveitadas, ata que Jairo fai valer a súa veterania para sacar un Golpe de Castigo rápido e coarse entre a defensa pontevedresa para pousar o oval e ampliar a distancia no marcador no min. 10 (0-12)
Tiago volvería ensaiar no ecuador da primeira parte, tras unha gran mele de toda a dianteira.
E é que o paquete de dianteiros estase mostrando intratable en mele e en touch nos últimos partidos o que esta axudando moito ao equipo en momentos clave. Min 20 (0-19)
Con este marcador chegaríase ao final da primeira parte na que os do Lerez non inquietaron aos Ingleses, que controlaron o partido sen dificultade.
A segunda parte sería outra historia, os de PRC xogaban na casa e querían mostrar ao seu publico do que son capaces e saíron a buscar o ensaio con decisión. Petao aproveitouse de dous fallos de placaxe para acurtar distancias cando apenas transcorreran 5 minutos. (7-19)
O ensaio dos locais avivou aos Ingleses que á saída dunha Touch lograría o cuarto ensaio que lle daría o punto Bonus e deixaba sentenciado o encontro. Min 50(7-26)
Os Ingleses deixáronse ir e baixaron o seu nivel de concentración cometendo innumerables erros non forzados. Só a defensa contra a que se estrelaba unha e outra vez PRC mantiña o bo nivel impedindo que conseguisen máis puntos. Minutos que Losada aproveitaría para realizar rotacións e probar a xogadores noutras posicións de cara a encontros vindeiros, chegando ao final do partido co marcador (7-26).
Importantes 5 puntos dos Ingleses que lles consolida á fronte da clasificación, seguido por Ferrol que gaño en casa á Muralla por un axustado 17-12 non conseguindo o bonus ofensivo. A distancia amplíase a 4 puntos.
O próximo partido será o 10 de Xaneiro en Fontecarmoa contra Universidade de Ourense, terceiro clasificado, en clara traxectoria ascendente e que se reforzou recentemente cun xogador Neocelandes que lles fai meterse na pelexa polo título. Partido moi importante por que no caso de conseguir a vitoria Os Ingleses case se aseguraría ocupar unha das dúas primeiras prazas que lle otorgarian factor cancha no Play-off.
Finaliza o ano con só dúas derrotas,na volta da fase de ascenso e un amigable contra un equipo de División de Honra, un ano case perfecto que a pesar das importantes baixas e a remodelación do equipo con respecto ao ano pasado, mantén un alto nivel competitivo e suma xa 21 vitorias consecutivas na liga galega.











