Fene únese á conmemoración do Día da Constitución

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidirá mañá, 6 de decembro, o Acto institucional de conmemoración do XXXVI aniversario da Constitución española no municipio. Un acto que terá lugar a partires das 13 horas no salón de plenos da casa consistorial. Nesta liña, o Concello quere invitar a vecinos e veciñas a sumarse á celebración do aniversario da Carta Magna acompañando á corporación no acto. No mesmo, o rexidor invita aos grupos municipais a expresar as súas reflexións en torno á Constitución e os seus primeiros 36 anos de vida. Ao remate do acto, grupos e veciños poderán compartir un viño no consistorio.

5 de decembro de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.