Fene promove o Mercado Benéfico “Unha Navidade para todos” o día 21

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, xunto ás entidades sociosanitarias Por+Vida e Asotrame (Asociación de trasplantados de médula ósea), organizará o próximo 21 de decembro, antesala das Festas de Nadal, un Mercado Benéfico a favor de asociacións sen ánimo de lucro, como as citadas. Celebraráse na praza do Concello e será inaugurada polo alcalde, Gumersindo Galego. Permanecerá aberta ao público entre as 11 e as 20 horas, baixo unha carpa climatizada para evitar que a posibilidade de que o tempo non acompañe reste afluencia de público. A AVV de Sillobre, a AVV San Xurxo de Magalofes, a ACDR Liga de Amigos de Barallobre, a AVV Santo Samarco de Sillobre e o CCRD de Perlío terán un papel destacado nesta cita, xa que estarán presentes a través dos seus respectivos stands ofrecendo dende bolos preñados ata doces e empanadas pasando por filloas. A recadación destes productos, totalmente artesanais, así como a do resto dos postos, destinaránse a apoiar a labor de diferentes asociacións como Por+Vida, Asotrame ou Arraigo. Precisamente, serán as entidades fenesas as que acorden os destinatarios dos fondos que se logren co Mercado.

Nesta liña, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Juan José Franco, e a titular de Servizos Sociais, Juana Barro, departamentos que impulsan o evento, animan a veciños e visitantes a achegarse a Fene e colaborar con esta causa, aproveitando a variedade da oferta que ofrecerán os 25 postos solidarios, sobre todo de artesanía, para facer as súas compras de Nadal. Deste xeito, os agasallos terán máis que nunca un marcado carácter solidario.

Pero o Mercado Benéfico de Fene ofrecerá moito máis que a posibilidade de mercar. O edil Juan José Franco adianta que haberá toda unha serie de actividades paralelas. Así, os presentes poderán participar nun photocall solidario, disfrutar da música do DJ Desmadre ou do repertorio da agrupación “Berros do Castro”, seguir os talleres de papiroflexia a cargo de Antón Cortizas (para todos os públicos) e de globoflexia (para nenos), dos inchables (en horario de mañá) ou probar fortuna nos diferentes sorteos de agasallos. Así mesmo, a organización habilitará caixóns para que os asistentes que o desexen depositen os seus donativos.

En definitiva, unha iniciativa imprescindible para disfrutar dun Nadal para todos o próximo 21 de decembro en Fene.

13 de decembro de 2014 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.