publicidade hoxe

Fene organiza un curso de primeiros auxilios e defensa persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura e Deportes, organiza un Curso de primeiros auxilios, soporte vital básico e defensa persoal. Celebraráse os días 29 e 30 de decembro, no ximnasio da Casa da Cultura e, as persoas interesadas en asistir, poden formalizar a súa inscripción os días 22, 23 e 26 de decembro no pavillón polideportivo de A Xunqueira. A participación é completamente gratuita, aínda que haberá que entregar algún producto alimenticio non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimentos de Ferrolterra.

Non hai límite de idade para asistir e, os participantes, poderán elixir entre o horario de mañá –de 10 a 13 horas- e de tarde –de 16 a 19 horas-. Así o confirmou a edil de área, Rocío Bértoa, para engadir que con esta iniciativa se busca facilitar a asistencia. Así mesmo, agradeceu a colaboración do Club de Artes Marciais de Fene, que participa na organización da actividade.

22 de decembro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.