publicidade hoxe

Fene convida a bailar a ritmo de zumba na praza do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura e Deportes, invita a nenos e maiores a bailar a ritmo de zumba, unha disciplina de fitness de orixe colombiano moi de moda na actualidade e cun gran número de afecionados. Así, a edil de área, Rocío Bértoa anunciou a celebración dunha primeira master class este venres, 26 de decembro, na praza do Concello, baixo unha carpa cuberta. Principiará ás seis da tarde e prolongaráse por espazo de dúas horas. Está dirixida a persoas maiores de dezaseis anos e a participación é completamente gratuita.

Así mesmo, a concelleira avanza que o Concello reeditará a iniciativa o 2 de xaneiro, no mesmo escenario, pero diferente hora e público. Neste caso, a master class comezará ás cinco da tarde –ata as oito- e cos menores de dezaseis anos como destinatarios.

23 de decembro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.