Exposición fotográfica dos alumnos do curso de fotografía dixital en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este martes ábrese a exposición fotográfica dos traballos realizados polas persoas que participaron no curso de fotografía do Outono Fotográfico.

O curso tivo lugar nos meses de outubro e novembro baixo a dirección do fotógrafo monfortino Jesús Rodríguez Montero, e dentro da programación de actividades do Outono Fotográfico monfortino.

Nesta exposición de imaxes fotográficas, os alumnos/as que asistiron ó curso mostrarán o resultado das ensinanzas recibidas.

A presentación das súas fotografías será entre o 23 de decembro do 2014 e o 20 de xaneiro do 2015 na sala de exposicións da Casa da Cultura do concello de Monforte. O horario da exposición será de luns a venres de 09:00 a 13:30 h e de 16:00 a 21:00 h.

22 de decembro de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.