Este venres chega a Sillobre o espectáculo de Manicómicos
O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, invita a vecinos e veciñas a asistir ao último espectáculo do Grupo Manicómicos, “Cabaret Manicómico”. A actuación terá lugar este venres, 12 de decembro, no local da SCRD Agarimo de Sillobre, a partires das 20 horas e con entrada de balde.
O público poderá disfrutar dun espazo de creación froito do traballo desenvolto durante os últimos anos por diferentes artistas de diferentes disciplinas (novo circo, clown, cabaré, teatro xestual, improvisación…) artellado como unha sucesión de números en clave de humor, en formato gala con presentador, co único obxectivo de facer rir ao espectador ante a variedade de estímulos que vai recibir.











