Espectáculo infantil con papiroflexias “O asteroide de papel!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCangasOurense
A-
A+

Da man de Nelson Quinteiro  e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse nun espectáculo de 50 minutos de duracións  concebido para nenos e nenas de 6 a 12 anos no que as bolas, paxariñas, cañóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato  transfondo ecolóxico.

SIPNOSE:

Máis alá das estrelas… e onde os telescopios non dan chegado case a mirar existe un pequeno asteroide onde todo é de papel.
Os habitantes deste planeta dano en chamar PAPIROFLEXIAS, aínda que aquí, na Terra, é máis coñecido como Asteriode B 614.
O seus pequenos habitante, dous principiños chamados Julius e Augustus teñen un grande corazón, tamén de papel.

Guiados por unha bandada de grullas de papel percorren moitos planetas ata chegar ó planeta Terra, onde descubren que aqui, para facer papel hai que talar árbores.

É entón que emprenderán unha viaxe por vilas, pobos e cidades co obxectivo de transmitir ós máis cativos unha importante mensaxe:

Aproveitar ó máximo o uso do papel, Reducir, Reciclar, Reutilizar, e o que é máis importante: XOGAR!

Venres 26 de decembro. CANGAS. Salasón

Sábado 26 de decembro. CANGAS. Salasón

Por determinar: A CORUÑA. Biblioteca do Fórum Metropolitano

Domingo 26 de abril. OURENSE. Auditorio Municipal. Sala Azul

24 de decembro de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.