Entrega de composteiros en Trives
O edil de Medio Ambiente, Domingo Diéguez, entregou o día 2 de novembro a 13veciños e veciñas de Trives os composteiros que proporciona a Deputación de Ourense para a elaboración de compostaxe doméstico.
Durante a sesión tivo lugar unha charla coloquio sobre o uso dos composteiros e os materiais que se poden empregar para facer compost natural.
A campaña impulsada polaDeputación e o Concello ten como obxectivo:
– Capacitar á poboación para fabricar compost a escala doméstica
– Concienciar á cidadanía sobre a problemática dos residuos
– Reducir o número de residuos que debe recoller o Concello