Dura derrota do Prone Lugo ante o Magna Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Empezaba o partido sen un claro dominador, aínda que as ocasiones máis claras eran para os visitantes, nas botas do veterán Eseverri. As ocasiones sucedíanse e ambos equipos enviaron varios balóns os paús.  No minuto 14 Roberto Martil anotaría o primero gol da tarde tras aproveitar un rexeite dentro da área. Tres minutos máis tarde Carlitos batía a Illi e poñía o 0-2 no marcador. Non se virían abaixo os xogadores de Javier Albes e primero Mimi e luego Iago terían dúas boas opcións de gol pero non lograban materializalas; si o faría Iago no minuto 20 para deixar o marcador en 1-2 cando a sinal acústica indicaba o camiño os vestiarios.

Saíron metidos no partido os xogadores de Javier Albes e así no minuto 21 Manuel María lograría co seu primeiro gol en Primeira División empatar o partido. Tívoa Carlitos para poñer por diante os navarros pero o seu balón foise ao pau. O porteiro visitante desbarato unha boa opción do Prone para poñerse por diante nunha contra de Iago Rodríguez. No minuto 23 Dani poñería por diante os seus tras aproveitar un erro arbitral ao non sinalar unha falta clara sobre un Alex Diz que se ía ao banco dorido. No minuto 25 nova aparición arbitral para expulsar a Illi, por dobre amoestación, e deixar os lucenses en inferioridade, inferioridade que os lucenses defenderon ben. Tras recuperar a igualdade Eseverri aproveitaríase de catro rexeitamentos para bater ao debutante Nacho. Un minuto despois nova amarela para un xogador lucense e nova inferioridade, Manuel María íase á ducha, esta vez Toldrá aproveitaba a inferioridade para poñer o 2-5 no marcador e poñer terra de por medio. Nese momento Javier Albes solicitaba un tempo morto e colocaba a Alex Diz como porteiro xogador, pero a súa estratexia non deu o froito desexado, e Carlitos en dous minutos lograb dous goles tras dous roubos de balón, deixando o encontro visto para sentenza a falta de 8 minutos, cun 2-7 no marcador. No minuto 36 P.Ibarra lograba finalizar unha contra e bater a Nacho. No minuto 38 o pichichi do Prone marcaba o seu segundo gol da tarde ao materializar un dobre penalti. No último minuto J. Saldise poñería o definitivo 3-9 nun partido marcado polo labor arbitral que prexudico gravemente aos lucenses.

6 de decembro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.