Dúas firmas presentan ofertas para subministrar os novos vehículos para a Policía Local de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello dispón de ofertas de dúas firmas interesadas en facerse co contrato para o subministro dos novos vehículos da Policía Local. Pechado o prazo de presentación de propostas, o Concello avaliará agora os requisitos das empresas e as ofertas en sí para proceder á adxudicación do subministro a través da figura do renting. A previsión é que a Policía poida estrear os 3 novos coches patrulla a principios de xaneiro. A renovación do parque móbil finánciase con cargo aos presupostos de 2015.

A compra farase polo sistema de renting, por un período de 48 meses improrrogables e o prezo de licitación ascende a 169.884 euros. A suma é un 20% máis elevada que a prevista no concurso inicial convocado no mes de setembro e que quedara deserto. Agora, o subministro tramítase cun prezo máis elevado e a través do procedemento negociado sen publicidade, que permite acurtar prazos de xeito que a contratación se faga coa maior brevidade.

Os vehículos deben estar adecuados ás prestacións, esixencias e medidas de seguridade que precisan para a prestación dos servizos policiais, así como para a rotulación oficial. Todas estas indicacións figuran nos pregos.

3 de decembro de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.