publicidade hoxe

Doce persoas con discapacidade finalizan en Ponteareas un curso de controlador de accesos impartido por COGAMI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

A sala de xuntas do concello de Ponteareas acolleu o acto de fin de curso de Auxiliar de servizos e control de accesos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) impartiu durante dous meses no centro Asprodico e no que se formaron 12 persoas usuarias da bolsa de emprego do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI en Vigo, 11 homes e 1 muller.

O curso estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2014).

Para o acto de clausura estiveron presentes a Concelleira de Servizos Sociais, María Soledad Valado, o Director do centro Asprodico, Aurelio, a Presidenta da Asociación ADAPTA, Montserrat Cuevas e o Presidente da Federación COGAMI Pontevedra, Ángel Holguera, que se encargaron de entregarlle ao alumnado o certificado de superación de módulos formativos previo ao diploma.

O curso de Auxiliar de servizos e control de accesos foi impartido por 2 docentes que se encargaron de que alumnado adquirise as competencias instrumentais (relacionados coa ofirmática), xurídicas, administrativas e de habilidades sociais necesarias para o correcto desempeño dun posto de traballo relación.

Agora, o alumnado, que procede dos concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vigo, Mos, As Neves, Ponteareas, A Cañiza e Arbo, vai completar a súa formación coa realización de prácticas non laborais durante 45 horas en empresas que colaboran co SIL de COGAMI, como son EULEN, APC, GRUPO 5, Real Club Náutico de Vigo.

3 de decembro de 2014 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.