Dispositivo especial de seguridade con motivo da Cabalgata e Gala de Reis en Verín
Co fin de continuar coa liña en materia de seguridade e autoprotección en eventos que conten cunha gran afluencia de público asistente, á area de Seguridade Cidadá do Concello de Verín preparou un dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e Gala dos Reis Magos, que terá lugar o 05 de xaneiro.
Co obxectivo de evitar posibles incidentes e actuar con eficacia e rapidez ante calquera posible emerxencia, e dun xeito coordinado entre os diferentes equipos de emerxencia, realizouse un plan de autoprotección no que está incluído o seguinte dispositivo de seguridade para devandito evento:
Cabalgata de Reis:
– Percorrido: Casa do Escudo, avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno.
– A Cabalgata comezará as 18 horas
– Recoméndase que o público non se achegue ás carrozas para evitar posibles accidentes.
– O tráfico rodado irase cortando progresivamente por parte da Policía Local co avance da Cabalgata.
Gala de Reis (Pavillón Municipal de Deportes):
– Como o ano pasado, o escenario principal onde se situarán os Reis Magos estará situado nun fondo da pista do Pavillón de Deportes Municipal.
– Haberá dúas zonas para o público asistente:
– Zona de pista: para persoas con mobilidade reducida, pais e nais que veñan con carrito de bebé e para público en xeral.
– Zona de grada: para público en xeral
– Poderá accederse ao pavillón pola porta principal (rúa Irmáns Moreno) e pola porta lateral (rúa José Santamaría).
– Haberá un aforo limitado non superior ás 2.300 persoas, polo que se recomenda que soamente acuda un adulto por cativo/a, co fin de facilitar o acceso ao máximo número de menores de idade.
– A apertura das portas será ás 18.15 horas. O público que acceda recibirá unha invitación co fin de controlar o aforo dun modo exacto.
– Tras a entrega dos agasallos por parte dos Reis Magos, os/as nenos/as e adultos que salgan do recinto non poderán volver a entrar ao mesmo
– No interior do pavillón, os corredores e as escaleiras (vías de evacuación) deben quedar sempre libres.
Neste dispositivo haberá uns 30 efectivos conformados por Policía Local e Protección Civil do Concello de Verín e Cruz Vermella de Monterrei.
Con estas medidas, o Concello de Verín quere velar pola seguridade de todas as persoas que acudan á Cabalgata e Gala dos Reis Magos.











