Dez ideas seleccionadas no primeiro concurso de proxectos empresariais “Semente de Monforte”
1.- ControlCrop.
É un proxecto empresarial que ten por obxectivo a transmisión de información a bodegas privadas e cooperativas para o control de viñedos, coa finalidade de tomar as decisións oportunas para mellorar a eficiencia na produción. O control do viñedo realizarase a través dunha rede de caixas de sensores, cada unha formada por unha cámara multiespectral, un sensor de temperatura, un sensor de humidade, sensores de luminosidade, microprocesador e baterÍa. Con este sistema o viticultor coñecerá de forma automática o estado das súas uvas, sendo aconsellado en todo momento sobre as medidas oportunas a seguir, sen laboriosos análises químicos e valorizacións subxectivas, a través dunha páxina web e aplicación móbil.
2.- e-Monte.
É un portal web no que se van a solucionar diferentes problemas que teñen os distintos axentes que forman parta da cadéa de valor do sector forestal. Trátase da creación dunha plataforma web deseñada para facilitar a compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e as empresas rematantes grazas a un sistema innovador.
3.- THE Twenty European Houses.
Fabricación de vivendas ecolóxicas, sustentables, modulares e económicas a partir da utilización de contenedores marítimos.
4.- Creación dun Universo Didáctico Infantil “Keko e os Tukos”.
Crear un universo dadáctico infantil, multiplataforma e multidisciplinar, a través do desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles e tablets.
5.- Unha Nova Era da Agricultura Ecolóxica Desperta en Monforte.
Búsqueda de novas técnicas baseadas en produtos naturais para o control de malezas, debido a que presentan unha grande diversidade.
6.- Light Transmisión: Transmisión da información no espectro visible.
Proxecto para implantar sistemas de transmisión e recepción de información mediante espectro visible (Luz LED) como substituto aos sistemas actuais de onda WIFI, Bluetooth, Wimax, etc.
7.- Biofergo. Aproveitamento da masa forestal para fabricar briquetas, pellets e astilla.
Trátase de aproveitar a masa forestal, tanto a madeira (ramas, trozos de madeira) para a fabricación de pellets, briquetas e astillas, así como a vexetal (plantas diversas como toxo, etc) para abono ou cosméticos, dependendo do tipo de planta.
8.- Monforest.
Proxecto de servizos medioambientais e forestais para a Comarca da Terra de Lemos, baseado nunha actividade de servizo a unha actividade de produción. Pretende elaborar pellets de biomasa forestal, así como servir de centro de asesoría e intermediación, prestando servizos como xestións de poda, desbroce, apeo e limpeza de montes a través de subcontratas ou ben con persoal propio.
9.- Ribeira Sacra. Recendo dunha terra milenaria.
Identificar os produtos naturais característicos da zona, aqueles compostos fenólicos, aromáticos e aceites esenciais que contribuen a conformar seu recendo propio. Elaboración de produtos e creación da marca calidade RECENDO DA RIBEIRA SACRA.
10.- Planta de compostaxe aerobia: COMPOSTERRA.
Creación dunha planta de compostaxe aerobia para a facción orgánica dos residuos xerados na comarca de Lemos e construila no Polígono Industrial de Monforte.
PRIMEIRO RESERVA
11.- TURIBEIRASACRA.COM
Pretende ser un espazo na rede para a posta en valor da Ribeira Sacra nos circuitos turísticos internacionais, ao tempo que se converterá nun axente activo para a exportación de bens e servizos nos que a comarca de Lemos destaca a nivel mundial.
SEGUNDO RESERVA
12.- Espazo de Traballo Compartido (Coworking) CabeMos.
Crear en Monforte de Lemos o primeiro espazo de traballo compartido da bisbarra de Lemos. É unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores compartir un mesmo espazo de traballo para desenvolver os seus proxectos profesionais de xeito independente á vez que se fomentan proxectos conxuntos.











