publicidade hoxe

Deteñen a un veciño de Vilanova de Arousa como suposto autor dun delito de roubo con forza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilanova de Arousa
A-
A+

A Garda Civil detivo a S.B.C., de 32 anos de idade, veciño de Vilanova de Arousa, como suposto autor dun delito de tentativa de roubo con forza nun centro de fisioterapia da localidade.

Na madrugada de hoxe unha patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa observou que un local de fisioterapia da localidade de Vilanova de Arousa, tiña o cristal do escaparate roto, apreciándose no interior do establecemento unha pedra, que puidese ser o obxecto utilizado para a súa rotura, así como manchas de sangue, supostamente como consecuencia de cortes do autor/autores que entraran no seu interior.

Por todo iso, a referida patrulla da Garda Civil inicia a procura do autor polos arredores do local violentado.

Pouco despois é localizado un home camiñando polas rúas da localidade e con manchas de sangue nas súas roupas, o cal unha vez identificado confesou a autoría dos feitos.

O propietario do establecemento, unha vez que foi avisado pola Garda Civil, presentou a correspondente denuncia non botando nada en falta.

O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias oficiais da Garda Civil de Vilagarcía onde se instruíron as correspondentes dilixencias que, xunto co suposto autor, serán entregadas no Xulgado de Instrución número TRES de Vilagarcía de Arousa.

10 de decembro de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.