Deputación de Pontevedra e COGAMI colaboran no desenvolvemento dun programa de fisioterapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra vén de colaborar durante este ano 2014 coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) no desenvolvemento do programa de fisioterapia que posibilitou que 44 persoas con discapacidade recibiran diferentes tratamentos segundo as necesidades de cada persoa.

A finalidade deste programa é a de mellorar o mantemento físico, muscular e anímico das persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra. Ao longo deste ano 2014 prestáronse un total de 979 servizos de fisioterapia e 72 sesións de piscina terapéutica.

A fisioterapia pretende mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade posibilitando a estimulación das limitacións sensoriais e motoras, o control da espasticidade, o alivio da dor, favorece a curación de feridas, a redución das contracturas que limitan o movemento, etc.

26 de decembro de 2014 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.