Definitiva etapa do Trofeo Nadal de Aguete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Este sábado 13 de decembro e se o tempo permíteo, terá lugar na Ría de Pontevedra a terceira e definitiva etapa da XVI REGATA DE NADAL DE CRUCEIROS – TROFEO COMODORO MANUEL NORES que estivo organizando o Real Club de Mar de Aguete coa dirección técnica da empresa Desmarque SL.. Por certo, que esta última etapa poderá ser seguida en directo e forma virtual coa aplicación telefónica eStela/Desmarque.

As previsións meteorolóxicas, de todos os xeitos, son bastante aceptables para a consecución desta última tirada, con ventos do Nordeste que poderán ir desde os 12 aos 18 nós e iso si, con bastante frío mesmo á hora prevista de comezo, as 13:30 h.

Dúas das divisións están bastante claras: a de Veteranos/clásicos onde domina o CASSANDRA con 2 puntos, seguido do COCO DRILO con 4 puntos e terceiro o NADA SEGUNDO con 6. E tamén na Clase ORC3, tamén ten moi clara a cuestión o CAMARON 20 con 2 puntos, seguido de O FILISPÍN con 5 puntos e SQUID con 7.

Nas outras divisións aínda pode pasar de todo, xa que en ORC1 vai primeiro o NO A CELULOSAS con 3 puntos, seguido do SEBRALA con 5 e terceiros empatados a 6 puntos o AGUIEIRA e YOUKOUNKOUN; e en ORC2 marcha primeiro o ENXUTO con 4 puntos, seguido do LIMAY con 5 e terceiros empatados a puntos, GRIFO e VAGALUME  con 6.

O propio sábado pola noite, nos salóns do Real Club de Mar de Aguete a partir das 21:30 celebrarase a tradicional cea-entrega de premios da regata consistentes en espectaculares cestas e lotes do Nadal, entregándose tamén un espectacular recordo a todos os participantes e o trofeo anual ao barco mellor clasificado durante o ano nas regatas organizadas polo club.

11 de decembro de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.