Declaración institucional do Concello de Lugo sobre o anticipo da idade de xubilación da Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010 modificaron mediante emenda presentada polos Grupos Parlamentarios do PSOE e EAJ-PNV, a Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social no referente á aplicación de coeficientes redutores na idade de xubilación para o Corpo da Ertzaina. A modificación lexislativa necesaria admitía o recoñecemento da profesión de policía como colectivo especialmente vulnerable e necesitado de axustar a súa vida laboral á situación real, situación posibilitada na Lei Xeral da Seguridade Social, que no seu artigo 161.1 bis ampara ás profesións de natureza especialmente penosa, tóxica, perigosa e insalubre, nas que se rexistren elevados índices de morbilidade ou mortandade.

Este establecemento dos coeficientes redutores implica e esixe a realización previa de estudos sobre sinistralidade no sector, penosidade, peligrosidade e toxicidade das condicións de traballo, a súa incidencia nos procesos de incapacidade laboral que xera nos traballadores e os requirimentos físicos esixidos para o desenvolvemento de devandita actividade.

En relación co colectivo de policías locais e autonómicos, dos estudos levados a cabo por distintos organismos, despréndese que existen indicios de peligrosidade e penosidade no desenvolvemento da súa actividade e que os requirimentos psicofísicos que se esixen para o seu ingreso no colectivo e o desenvolvemento da súa vida laboral non poden facerse a partir dunhas determinadas idades, cumpríndose desta forma os requirimentos esixidos na lexislación para a redución de idades de acceso á xubilación, como consecuencia da realización de traballos de natureza excepcionalmente penosa, tóxica, perigosa ou insalubre.

Que a profesión policial, sexa cal sexa a súa dependencia orgánica, é unha profesión de risco, xa non se discute. A lexislación, os estudos realizados e a experiencia no desenvolvemento da profesión, máxime en grandes cidades, avalan o adiantar a idade de xubilación.

A existencia da xubilación anticipada noutros Corpos de Seguridade do Estado, así como a recente inclusión da xa mencionada Policía Autonómica Ertzaina, non fan senón ratificar a necesidade de regulación e non discriminación por analoxía do resto de policías, xa que a igual risco debe haber unha mesma cobertura. Un policía con idade avanzada é un risco para a súa propia seguridade no traballo e para unha eficaz protección da cidadanía e dos seus bens. A seguridade é un dereito da cidadanía.

Por todo iso o Concello de Lugo insta á Secretaría de Estado da Seguridade Social, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio da Seguridade Social e á FEMP a que propoñan ao Congreso dos Deputados a modificación lexislativa en materia de Seguridade Social que permita o adianto da idade de xubilación dos policías locais, a través da aprobación das seguinte medidas:

– A aplicación dos coeficientes redutores na idade de xubilación aos membros dos Corpos de Policías Locais do Estado, nas mesmas condicións que se contempla na Disposición Adicional Cuadraxésima Quinta do Real Decreto Lexislativo 1/994, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, introducida pola Lei 40/2007, do 7 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social.

– Solicitamos ao Goberno do Estado o recoñecemento “de risco” na profesión policial e, en consecuencia, a redacción dun catálogo de enfermidades profesionais, co obxectivo de protexer a saúde e poñer fin á inxustiza dunha idade de xubilación que non teñen en conta a sinistralidade no sector, a penosidade, peligrosidade e toxicidade das condicións de traballo, así como a incidencia nos procesos de incapacidade laboral que xera e os requirimentos esixidos para o desenvolvemento do labor policial.

23 de decembro de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.