Curso de manexo práctico do tractor na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Ante o éxito da acción formativa recentemente impartida sobre a prevención de riscos laborais no manexo do tractor e os seus apeiros, o Concello da Laracha acollerá outro idéntico, tamén impartido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

A acción formativa desenvolverase a próxima semana, do 9 ao 12 de decembro, en horario de mañá, constando de parte práctica e teórica e dun total de dezaoito horas. As clases impartiranse nunha aula do edificio de servizos múltiples.

Os participantes deben ser persoas ocupadas ou desempregadas no sector agrogandeiro. Os interesados deben formalizar a súa inscrición, que é gratuíta, antes deste venres. Poden facelo acudindo ao Concello da Laracha ou directamente na web http://issga.xunta.es/. O número máximo de prazas ofertadas é de quince.

Este curso porase en marcha coa cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

3 de decembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.