Cúbrense as 100 prazas do Tren Real e ampla listaxe de espera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

As 100 prazas existentes para acompañar ás súas Maxestades de Oriente na súa chegadaa Monforte no Tren Real, cubríronse en pouco máis dunha hora desde a apertura do prazo de inscrición.

As prazas foron outorgándose por rigorosa orde de inscrición e, unha vez acadada a cifra de 100 rapazas e rapaces, continuouse inscribindo ás persoas solicitantes nunha listaxe de espera que xa está integrada por outros 60 pequenos e pequenas.

A concellería de Cultura lamenta non poder dispor de máis prazas para esta actividade, e agradece á veciñanza que non continúe inscribíndose na listaxe de espera, xa que resulta tecnicamente imposible que poidan producirse máis de 60 posibles baixas de última hora para as cales xa hai substitutos/as.

Para poder participar nesta viaxe, os rapaces e rapazas inscritos deberán recoller os billetes para o Tren Real. A entrega destes billetes realizarase o venres día 2 de xaneiro de 9:00 a 14:00 h, na Delegación de Cultura, sita na casa do Concello de Monforte (praza de Santo Antonio). A partir das 14:00 h, e se quedase algún billete sen retirar, comezarán a entregarse ós rapaces e rapazas que integran a listaxe de espera, tamén por rigoroso orde de inscrición.

Lembramos que os nenos e nenas que viaxen no Tren Real é preciso que estean no Museo do Ferrocarril ás 16:30 h do día 5 de xaneiro. Ás 17:00 está prevista a saída do tren cara á Estación de Ferrocarril de Monforte e a chegada á mesma producirase aproximadamente ás 17:10 h.

Os nenos e nenas estarán acompañados no Tren Real por monitores e non poderán ir con eles os seus pais, os cales deberán recollelos na Estación de Ferrocarril cando se produza a chegada á mesma do citado tren.

A Delegación de Cultura agradece a colaboración de Renfe, ADIF, Amafer e o Museo do Ferrocarril de Monforte, na organización desta actividade, así como a masiva resposta da cidadanía para participar na mesma.

15 de decembro de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.