Convócase o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2014″ en Monforte
A Biblioteca Pública Municipal de Monforte de Lemos, co patrocinio da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2014”.
As bases que rexerán este certame son as seguintes:
1.- Poden participar tódolos nenos/as e rapaces socios da Biblioteca, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.
2.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.
3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.
4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 22 de decembro de 2014, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Monforte de Lemos.
5.- Un xurado, formado por entendidos na materia, seleccionará un máximo de tres traballos por cada modalidade e categoría. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.
6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2015.
8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10.- A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.











