Continúa a procura do home que caeu ao mar na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres embarcacións proseguen este martes a procura do sexagenario que caeu ao mar o pasado venres desde o peirao de O Portiño, na Coruña.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, este martes colaboran no rastrexo a embarcación ‘Río Jallas’ da Garda Civil, así como a ‘Salvamar Mirfak’ de Salvamento e a ‘L/S Condesa Pardo Bazán’ de Cruz Vermella.

Este martes o rastrexo céntrase, como en días pasados, na ensenada de O Portiño, Orzán, Riazor e o Monte de San Pedro, segundo precisaron as mesmas fontes, que indicaron que pola tarde se prevé un empeoramento do tempo, con vento forza 7 e mar de fondo con ondas de ata catro metros de altura.

A desaparición do home produciuse sobre as 19,30 horas do venres, cando o 112 recibiu a alerta de que dous homes se caeron ao mar desde o citado peirao. Un deles puido ser rescatado por pescadores.

2 de decembro de 2014 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.