Conferencia sobre “O Rexurdimento literario” en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

O servizo de Normalización Lingüísticaprograma hoxe mércores ás 20 horas, unha charla sobre o Rexurdimento Literario no Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo) a cargo de Xurxo Martínez González.

Na conferencia darase a coñecer a importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.

10 de decembro de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.