publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concurso de karaoke en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá sábado 27 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da CUARTA EDICIÓN do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e reluzca coas suas mellores galas.

Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí, a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.

Dende o Concello aproveitamos para invitar a todo o mundo, veciño e visitantes, deste magnífico espectáculo músico-vocal. A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA.

26 de decembro de 2014 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.