publicidade hoxe

Concilia no Nadal en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

Os sábados de conciliación van ter lugar en Ponteceso de 4 a 7 da tarde no edificio das escolas e serán os días 13, 20, 27 de decembro e o día 3 de xaneiro. O Campamento de Nadal desenvolverase en Corme e Ponteceso os días: 22,23,26,29,30 de decembro e o 2 de xaneiro en horario de 10:30h a 13:00h en Corme, no pavillón e de 10:30h a 13:00h en Ponteceso no edificio das escolas.

Está dirixido a nenos e nenas do Concello de Ponteceso nacidos entre os anos 2003 e o 2010, ambos incluidos. Prazas limitadas. Actividade gratuíta.

Haberá que cubrir unha inscrición na oficina da Educadora Familiar.

Campaña de Esquí 2015

Por outra banda o Concello de Ponteceso informa da Campaña de Esquí da Deputación da Coruña na Estación Invernal de Manzaneda. Prazo de inscrición no Concello de Ponteceso do 9 ao 19 de decembro. Sorteo o 22 de decembro ás 12.00h no salón de plenos. 4 prazas. Cota 60€. Quenda de Ponteceso 06.03.20015 – 08.03.2015. Actividade da Deputación Provincial da Coruña.

10 de decembro de 2014 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.