Concerto de Nadal en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene invita á veciñanza a asistir mañá martes, 23 de decembro, ao Concerto de Nadal. Organizado pola Concellería de Cultura, celebraráse na igrexa parroquial de San Salvador e dará comezo ás 20 horas. Abrirá a cita musical o Coro Infantil de Sillobre e, a continuación, terá lugar a actuación de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que traerán a Fene a súa música tradicional, arrolos de salitre e panxoliñas de Nadal. A entrada é gratuita, aínda que o Concello solicita aos asistentes a súa contribución en forma dalgún producto alimenticio non perecedoiro, que terá por destino o Banco de Alimentos de Ferrolterra.

22 de decembro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.