Comeza na Fundación Eugenio Granell a actividade “A Fábrica de Agasallos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O martes 23 arranca unha nova actividade no marco do programa que programou o Concello de Santiago para este Nadal. Nesta ocasión desenvolverase na Fundación Eugenio Granell. A partir de mañá martes 23 de decembro dan comezo os obradoiros de construción de agasallos de Nadal “a fábrica de agasallos” onde os cativos de 5 a 12 anos poderán elaborar a partir de materiais sinxelos e de refugallo ás súas ideas creativas para agasallar nestas festas.

Os participantes poderán tamén empaquetar os agasallos e deseñar unha postal de felicitación para incluír no mesmo regalo. A decoración dos paquetes farase fundamentalmente a base de elementos naturais.

Cada obradoiro ten unha duración de dúas horas, é de balde pero precisa inscrición a través do teléfono de contacto 981.564 069. Prazas por obradoiro:15.

Os obradoiros terán lugar nas seguintes datas:
Martes 23 de decembro de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 19.30h
Venres 26 de decembro de 17.30 a 19.30h
Sábado 27 de decembro de 12 a 14h e de 17.30 a 19.30h
Martes 30 de decembro de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 19.30,
Venres 2 de xaneiro de 17.30 a 19.30 e
Sábado 3 de xaneiro de 12. A 14h e de 17.30 a 19.30h

Agasallos solidarios

Haberá recollida tamén de xoguetes e agasallos en bo estado para doar a nenos de familias sen recursos que posteriormente serán distribuidos pola Sociedade San Vicente de Paúl

Lugar de realización dos obradoiros: Fundación Eugenio Granell, praza do Toural Sn.

22 de decembro de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.