Comeza en Verín a segunda edición do Club da Calceta ‘Tecendo Soños’
Dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal iníciase, o vindeiro xoves 04 de decembro, a segunda edición do Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, destinado a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir estar labor tradicional.
Esta iniciativa, que terá lugar no edificio municipal de O Lavadoiro (Escola de Familia), estará dividida en dous grupos: un ás 16 e outro ás 18 horas. A mesma está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade, que nos últimos meses está a estenderse como unha alternativa lúdica por diversas cidades do país. Para a mesma, de carácter gratuíto, será necesario que cada participante aporte os materiais que precise para desenvolvela.
Devandita iniciativa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar, ‘Kero-Kedar +’, ‘ABC de Costura’, ‘Arte de vestir’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.
Máis información sobre estas iniciativas nos departamentos de Educación Familiar e Centro de Información ás Mulleres (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net e cimm@verin.net ou no teléfono 988-414776; tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro ou no teléfono 988-411468).











